Premios Olloboi 2016

O pasado 28 de maio falláronse os premios Olloboi 2016 na gala celebrada na Casa da Cultura de Boiro, tras un longo día de encontros, aprendizaxe, risas, emocións e moita ilusión.
Despois dun novo récord de participación e con traballos que cada vez teñen máis calidade, non foi nada doado decidir os gañadores.
Olloboi é un festival que persegue recopilar, recoñecer, difundir e motivar para seguir traballando o audiovisual nas aulas con todo o que iso supón. Interésanos procurar encontros, unión e colaboración máis que competición.
Trala selección de finalistas feita pola organización, a elección dos gañadores da maioría de categorías corresponde ao xurado que nesta edición estivo composto polas actrices Sabela Arán e Sabela Hermida e o profesor e músico Fernando Abreu, todos eles recoñecidos profesionais que de xeito altruista levaron a cabo esta difícil tarefa.
Tras días de atento visionado e arduas deliberacións finalmente o veredicto concretouse durante o mesmo Encontro Olloboi, sen desvelar os traballos gañadores ata a mesma gala de entrega de premios. A continuación, os traballos premiados nesta edición 2016.

Parabéns a tod@s!! :)


Premio especial Videopoema

O Premio Videopoema incluíuse por primeira vez nesta edición grazas a unha doazón de última hora por parte do IES A Cachada. O propio patrocinador decidíu o traballo merecedor do premio que recaeu no seguinte vídeo:

Premio Título Centro Educativo
Videopoema Examinar A Loita Final IES A Cachada - Boiro

Categorías Principais

Estas categorías de premios buscan salientar e recoñecer as propostas que destacan pola súa comicidade, fotoxenia, combatividade, música orixinal ou adaptada, etc. Todos estes premios, agás o Online que se decide exclusivamente polas votacións do público, son outorgados polo xurado a partir dos finalistas seleccionados pola organización.


Premio Zamburrioi

O premio entregado pola propia organización do festival, onde ademais dos criterios xerais das bases pódense ter en conta outros coma a traxectoria audiovisual do centro educativo, a participación da comunidade educativa, etc.
Polo gran traballo levado a cabo durante anos no uso do audiovisual como ferramenta educativa, pola cantidade e calidade dos seus traballos presentados, o premio Zamburrioi concedido pola organización de Olloboi foi para...

Premio Centro Educativo
Zamburrioi
IES As Barxas

Parabéns a tod@s!!
e ata a vindeira edición de Olloboi... ;)